Clases e métodos


Neste capítulo abórdase a búsqueda de clases e de material de aprendizaxe. Fora de Galicia non é doado atopar profesores e por iso preséntanse aquí distintas posibilidades que deben facilitar a aprendizaxe da gaita.

ONDE IR A CLASES?

 

Fora de Galicia non é doado atopar clases de gaita, mais como principiante é moi importante ter alguén ao carón como apoio nos primeiros pasos. Recoméndase preguntar en varios sitios se alguén coñece unha gaiteira ou un gaiteiro ou a un artesán de cornamusas. Posibles puntos de contacto en moitos países son as asociacións galegas como os "Centros Galegos" ou os "Clubes Galicia", asociacións de música folk ou de músicas do mundo ou luthiers e artesáns de cornamusa. As veces organizan obradoiros de gaita galega. As festas e concertos folk son tamén unha posibilidade para informarse e as veces os grupos de música bretona, os bagads e as asociacións escocesas poden facilitar contactos. Nos anuncios dos sitios de internet de música folk e cornamusa tamén se atopa as veces información útil.

 

Se un ten posibilidade de viaxar a Galicia para ir a clases alí, pódese dirixir ás numerosas asociacións culturais, escolas de música, escolas de gaita, obradoiros de gaita ou directamente ás gaiteiras e gaiteiros. No sitio de internet da "Asociación de Gaiteiros Galegos" publícanse tamén de cando en vez anuncios de obradoiros e de cursos intensivos dun ou dous días. A web "Malmequer" anuncia en "Cursos" tamén clases e obradoiros. O goberno galego, a "Xunta de Galicia" outorga cada ano no marco das "Escolas Abertas" becas para clases de gaita en Galicia. Para poder participar hai que cumprir con varias condicións.

 

 

PUNTOS DE CONTACTO FORA DE GALICIA

 

"Club Galicia"

"Centro Gallego"

"Asociación cultural galega"

"Club folk"

"Festival folk"

"Revista folk"

"Artesán de cornamusa"

 

PUNTOS DE CONTACTO EN GALICIA

 

"Asociación de Gaiteiros Galegos"

"Escolas de gaita"

"Escolas de música"

"Escolas abertas"

 


ONDE ATOPAR MATERIAL DE APRENDIZAXE E PARTITURAS?

 

A maioría dos métodos están escritos en galego, mais tamén co castelán é posible entender gran parte deles. Os métodos axudan moito para entender mellor o instrumento e a música. Algúns exemplos :

 

- "Método de Gaita Galega I" e "Método de Gaita Galega II" de Xaquín Xesteira Losada (2007, aprox. 150 páxinas / 240 páxinas cun CD en cada método, en galego). Contido volumen I: Teoría músical especialmente para gaita; o instrumento; afinación, tempero; adornos (explicación detallada da técnica dos picados, batementos, mordentes etc. con gran número de exercicios, notación en Do). O disco 1 contén moitos dos exercicios e das pezas. Contido volumen II : Teoría músical; palleta e pallóns; afinación do punteiro; adornos; posición de dedos para notas máis complicadas. Explicacións detalladas da técnica e dos adornos. Numerosos exercicios. O disco 2 contén moitos dos exercicios das pezas.

 

-"A Gaita no eido da música" de Xaime Estévez Vila (1987, aprox. 180 páxinas, en galego). Contido : Historia da gaita;  o instrumento; ritmos galegos; postura, posición dos dedos, tempero; afinación do instrumento; adornos; tablas con problemas, causas e solucións; partituras manuscritas con notación en Do, ordenadas por dificultade.

 

- "Os segredos da gaita" de Xosé Lois Foxo (aprox. 380 páxinas; en galego; traducido ao castelán, "Los segretos de la gaita", inglés "The secrets of the galician bagpipe" e outros idiomas.) Contido: Historia da gaita;  o instrumento; solfexo; postura; afinación do instrumento; adornos; exercicios; partituras.

 

Os "Cadernos de gaita galega", unha collección de cadernos, inclúe tamén unha introducción para a aprendizaxe da gaita e partituras variadas.


Os "Cancioneiros" galegos, collecións de partituras e cancións, conteñen centenares de páxinas cun gran número de pezas: "Cancionero musical de Galicia" de Casto Sampedro e "Cancionero Gallego" de Eduardo M. Torner y Jesús Bal y Gay.

 

En internet pódese atopar tamén gran cantidade de partituras galegas, buscando con tópicos como "partitura gaita galega" ou "partitura para gaita".

 

A web "Folkotecagalega" permite descargar de balde partituras en distintos formatos e de escoitalas como "audio". Ten ademais informacións adicionais sobre distintos temas como por exemplo a orixe das pezas.

 

Nalgunhas páxinas web das gaiteiras e gaiteiros galegos e de grupos folk (véase "Músicos e festas") inclúense tamén partituras.


En Youtube existen tamén moitos vídos de gaita e de frauta. É aconsellable buscar co nome da peza ou co rítomo (pasodobre, vals galego, xota, muiñeira, etc.). Sobre todo para os principiantes os vídeos con frauta son moi útiles porque é máis doado escoitar e tocar ao mesmo tempo coa frauta que coa gaita.

 

MÉTODOS

 

"Método de Gaita Galega I" + "Método de Gaita Galega II"

 

"A Gaita no eido da música"

 

"Os segredos de gaita / "Los secretos de la gaita" / "The secrets of the galician bagpipe"

 

"Cadernos de gaita galega"

 

COLLECCIÓN DE PARTITURAS E CANCIÓNS

 

"Cancionero musical de Galicia" (Casto Sampedro)

 

"Cancionero Gallego" (Torner / Bal y Gay)

 

INTERNET

 

Folkotecagalega

(partituras con audios)