O obxectivo deste capítulo e axudar na selección da gaita e informar sobre as posibilidades para mercar gaitas, frautas e accesorios. Tamén considéranse distintos aspectos para facilitar a selección da gaita máis axeitada ós nosos gustos e necesidades.
POR QUÉ ELEXIR A GAITA?
Si un non sabe dende o principio qué quere tocar, a cuestión é que cornamusa hai que elixir. Unha béchonnet francesa, un biniou kozh bretón, unha gran cornamusa escocesa, un sac de gemecs catalán ou un Hümmelchen alemán?
Cada cornamusa ten as súas propias características e os distintos tipos de cornamusas distínguense a nivel de dixitación, adornos, tonalidade, volume, material e por suposto a nivel da súa finalidade, é dicir da música que un quere tocar.
A gaita galega presenta as características seguintes:
Liberdade e flexibilidade Pódese tocar a gaita só, a dúo, a trío, nun grupo máis grande, a unha ou dúas voces (ou aínda máis). Pódese tocar de pé, sentado, andando, en recintos pechados ou ó aire libre. A gaita galega é un instrumento flexible e deixa moita liberdade ás gaiteiras e gaiteiros.
Tonalidade Hai gaitas galegas de moitas tonalidades. A maioría están en DO, SI bemol ou RE. Cunha gaita en DO pódese tocar coa maioría das gaiteiras e gaiteiros dentro e fora de Galicia, porque case todos teñen unha gaita afinada nesa tonalidade aínda que tamén hai moitos que tocan en SI bemol, que para cantar é moito maís cómodo. Unha gaita en SI bemol permite tocar por exemplo coas cornamusas escocesas, tamén usadas polos grupos bretóns, as bagads. É dicir que tamén fora de Galicia é posible atopar novos contactos musicais gracias á gaita.
Sonido potente A gaita préstase perfectamente, se un quere tocar un instrumento que se sinta a unha distancia media sen ter un volume extremadamente forte. Cando un toca para un público restrinxido ou nunha sala de tamaño medio non fai falla micrófono, nunha sala grande non embargantes é necesario.
Dixitación aberta, similar á frauta Si un xa sabe tocar a frauta de pico, pode utilizar os seus coñecementos para tocar a gaita, porque a dixitación é aberta e case similar á da frauta.
Adornos variados A gama dos adornos galegos, que enriquecen a melodía e dan as pezas o seu cáracter típico, é moi variada. Os músicos teñen moita flexibilidade na súa utilización, son moi personales e cadaquén pode elixilos según o seu propio gusto e estilo. Hai adornos relativamente fáciles e outros máis difíciles. A súa aprendizaxe e utilización son enriquecedoras e pódense descubrir técnicas moi variadas.
Material e accesorios variables No intre de mercar unha gaita, hai a posibilidade de elixir un instrumento con ronco só, con ronco e ronqueta, ou con ronco e ronqueta e chillón. Pódese escoller entre distintas madeiras, entre un fol de coiro ou de material sintético. As fundas que protexen o fol e os farrapos e borlas tamén presentan unha multitude posibilidades de teas, motivos e cores segundo o gusto de cadaquén.
Transporte fácil Unha gaita con ronco e ronqueta e un fol de goretex pesa aproximadamente 1,5 kg, é dicir máis cun biniou kozh bretón é moito menos cunha cornamusa escocesa. As gaitas pódense desmontar facilmente e non hai ningún problema pra transportalas nunha mochila ou no equipaxe de man durante unha viaxe.
Música alegre A maioría das melodías galegas son dinámicas é ledas porque a gaita é un instrumento tradicionalmente usado para festas. Si un quere facer música que chame, que se preste para festas e momentos cheos de ledicia, a gaita é o instrumento ideal. A gaita ten moita maxia ! É unha música perfecta para bailar. Durante os "bals folks" as "muiñeiras" invitan a bailar un "cercle circassien" ou unha "chapelloise", sobre algunhas pezas pódese bailar un "scottish" e os paso dobres galegos, os valses e mazurcas fan tamén parte do amplo repertorio galego que acompaña os bailes.
|
ONDE MERCAR UNHA GAITA e UNHA "FRAUTA CON DIXITACION DE GAITA"?
En Galicia a aprendizaxe da gaita comeza con moitos exercicios e melodías cunha frauta adaptada para gaita. Se trata dunha frauta de pico amañada que permite tocar coa dixitación de gaita. Antes de comezar a tocar a gaita, os alumnos en Galicia xa levan entre seis e oito meses tocando coa "frauta con dixitación de gaita"! Nos "cursos de gaita" nas páxinas seguintes utilízase tamén esta frautiña para aprender e preparar as pezas. É anconsellable ter unha frauta con apoio de polgar porque axuda moito para estabilizar a frauta.
En Galicia hai numerosos artesáns e obradoiros de gaita que presentan e venden os seus instrumentos directamente en tendas ou por internet. Algunhas das súas webs non están únicamente dispoñibles en castelán e galego, seno tamén en francés, inglés ou alemán. Algunhas destas páxinas propoñen un "configurador de gaitas" que permite crear o propio instrumento personalizado. Normalmente as gaitas son fabricadas por encargo segundo os desexos do cliente, por iso a entrega tarda normalmente alguns meses. Tamén existe a posibilidade de que teñan gaitas en almacén polo que é mellor preguntar previamente. O prazo de entrega das frautas é normalmente corto o que permite comezar tranquilamente cos exercicios e melodías ata a chegada da gaita. Cando un vive fora de Galicia, hai a posibilidade de preguntar ós luthiers dalí se venden tamén gaitas galegas.
Se un quere mercar unha gaita axiña, existe a opción de buscar instrumentos de segunda man en internet. En Galicia os instrumentos véndense raramente na web, máis pódese buscar cos tópicos seguintes: "gaita segunda mano", "comprar gaita en DO", "busco gaita gallega".
Se un vive fora de Galicia, é aconsellable buscar tamén alí. Existe a posibilidade de atopar ofertas na web de asociacións folclóricas ou culturais galegas, nas revistas folk ou na parte "música" de anuncios en liña. Para non mercar un instrumento de mala calidade é importante pedir consello a unha persoa que teña experiencia con gaitas galegas e de non ser así que polo menos teña experiencia con cornamusas.
|
Obradoiros de gaita
Máis obradoiros e artesáns en "Asociación de Gaiteiros Galegos"
|
QUÉ GAITA ELEXIR? Existen moitos modelos e variantes de gaitas novas e de segunda man. Para facilitar a decisión a hora de escoller un instrumento, é útil ter en consideración os puntos seguintes:
Tonalidade Cada gaita ten unha tonalidade precisa. A maioría das gaitas están en DO. Se un quere tocar con outros é aconsellable mercar unha gaita en DO. Algunhas gaiteiras e gaiteiros galegos así como os escoceses e moitos bretóns (con cornamusas de Escocia) tocan en SI bemol. Si un quere tocar con eles, unha gaita en SI bemol sería a boa selección.
Hai tamén a posibilidade de mercar unha gaita en DO cun "conxunto de tonalidade" (terzo de ronco e punteiro en SI bemol) co cal a gaita de DO pódese transformar nunha de SI bemol.
Madeira As gaitas elabóranse con distintas madeiras como o buxo, o granadillo, o cocobolo ou o pau santo. O buxo é unha madeira clara, relativamente lixeira. Tradicionalmente as gaitas estaban feitas de buxo, mais esta madeira pode ser sensible ás variacións de temperatura. O granadillo pesa máis que o buxo, é moi duro e ten unha cor escura case negra, as veces cunha textura avermellada. O cocobolo é rodeno e o pau santo marrón. Segundo a clase de madeira, o timbre da gaita varia, sen embargo para os principiantes é difícil escoitar a diferenza. Punteiro O punteiro está normalmente feito dunha peza. Para a comodidade dos dedos, moitos punteiros teñen buratos lixeiramente aplanados onde o dedo está situado como nunha cubeta. Namentres elabóraronse tamén "punteiros de ton regulable". Outra variante é a existencia dunha rosca na parte superior do punteiro. Para afinar en lugar de sacar ou meter a palleta para baixar ou subir a nota, un xira a rosca. Iso é práctico sobre todo cando se toca moito con outras gaitas e hai que afinar frecuentemente o instrumento. Outra variante é un "punteiro afináble" que contén varias partes que se poden virar para afinalo.
Tubos sonoros (ronco, ronqueta, chillón) O número dos tubos sonoros varia entre uno e tres (véase o capítulo "Aprender a gaita - Instrumento"). Hai que ter conta do feito de que cada tubo adicional consume aire e que hai que soprar máis. Cantas maís voces ten unha gaita, maís difícil sera para afinala. Amais o peso da gaita increméntase. Por outra banda pode ser moi bonito tocar con varios tubos sonoros e ter un son moi variado. A forma e os materiais varían segundo o modelo. Alguns teñen aneins de corno, outros de prata ou de plástico. Normalmente o ronco e a ronqueta levan farrapos e borlas como decoración.
Palleta e pallón A palleta do punteiro está feita de cana. No intre de mercar unha gaita hai que mercar polo menos unha ou dúas palletas adicionais para poder cambialas se é necesario.
Os pallóns do ronco e da ronqueta teñen unha lenguëta simple. Son de plástico ou de cana. O son dos pallóns de cana é máis suave, pero a cana é sensible ós cambios de temperatura e á humidade.
Fol No pasado a maioría dos foles estaba feita de coiro de cabra e normalmente levaba unha funda de protección. Os foles de coiro teñen o encanto do tradicional, máis pode haber problemas de humidade na palleta, especialmente se a gaita non dispón no interior dun tubo para derivala.
Hoxe en día a maior parte dos foles son dun material sintético como o goretex. É máis lixeiro que o coiro, pero menos "tradicional". Os instrumentos con fol de goma poden causar moitos problemas de humidade. Independentemente do material, o fol pode ter formas e tamaños distintos e cada un ten que descubrir que fol é mellor para si mesmo: Un de forma redonda ou mellor un largo e fino?
Máis informacion, acompañada de fotos, sobre os elementos do instrumento con fotos en "Aprender a gaita - Instrumento".
Unha descripción detallada dos elementos da gaita atópase tamén en "Curso de gaita II - Preparación (gaita)".
|