Cando a escala sae ben, podemos comezar coas primeiras pezas. Como este curso está concibido para todolos que queren aprender segundo o xeito "escoitar e imitar", non se utilizan partituras e ensínase mediante demostracións.
A PRIMEIRA PEZA
Pasodobre de Meira Tradicionalmente as pezas ensinábanse en Galicia polo método de "escoitar e imitar". Os gaiteiros experimentados transmitiron o seu saber aos demais e amosáronlles como hai que tocar as pezas. Orixinariamente as melodías non foron escritas e case non había partituras. Aínda hoxe moitas e moitos mestres en Galicia empregan este método tradicional e tocan as pezas coas súas alumnas e alumnos. E unha forma de ensinanza moi comunicativa porque todos séntense nun círculo, intentando seguir ó mestre e axundándose mutuamente cando non sae. Ademais utilízanse partituras e vídeos. Intentemos facer como en Galicia, pra aprender a primeira peza : "escoitando e imitando".
A primeira peza coa que comezamos é o Pasodobre de Meira. Os pasodobres galegos foron influídos pola cultura galega e a súa concepción musical, razón pola cal soan distintos dos "típicos" pasodobres que coñecemos por exemplo da escola de baile. As pezas galegas levan moitas veces o nome dun lugar, como neste caso, porque Meira é unha aldea da provincia de Lugo.
A peza ten un ritmo de 2/4 e contén dúas partes: A primeira parte é viva é as notas son máis curtas ca na segunda parte por iso da a sensación de ser máis rápida. Tocamola dúas veces. A segunda parte ten notas máis largas é parece máis lenta. Tocamola tamén dúas veces. Para tocar de xeito medido, utilizamos un metrónomo. Comezamos a modiño e aceleramos cada vez máis. É importante tocar cada nivel de velocidade ata que un síntese seguro e toque cos dedos relaxados. Iso pode, segundo os coñecementos previos e a dilixencia levar algunhas semáns, nalgúns casos. Unicamente cando a peza sae perfectamente a unha velocidade, deberíase acelerar o rítmo.
Estar pendente do dedo de apoio e da respiración uniforme!
Vídeo: F13.1-Pasodoble Meira Melodía
En Galicia os mestres normalmente acompañan con outros instrumentos ás súas alumnas e alumnos para que leven mellor o rítmo e para que toquen con regularidade. O "tamboril", un tambor que é un elemento imprescindible na música tradicional galega, préstase moi ben para acompañar. Facemos como os galegos, collemos o vídeo como base e tentamos tocar a melodía co tamboril. Comezamos despois de tres golpes!
Vídeo: F13.2-Pasodoble Meira Tamboril
|
A SEGUNDA PEZA + SEPARAR NOTAS ("batemento")
Danza de palillos de Anceu
A segunda peza que aprenderemos é a "Danza de palillos de Anceu", un baile dunha aldea na provincia de Pontevedra.
A peza ten un rítmo de 2/4 e contén dúas partes. Cada parte se toca dúas veces. É unha peza leda que nos pon diante un primeiro desafío: Qué facemos cando hai que tocar a mesma nota varias veces deseguido? Como podemos separar notas iguais? Coa frauta podemos facelo con facilidade deixando de soprar, máis no caso da gaita o aire segue a chegar ao punteiro dende o fol ....
"Batemento" - Separar notas iguais
A única posibilidade de separar notas iguais na gaita e de interrumpelas brevemente. A maneira máis utilizada é a de tocar moi rapidamente unha nota en medio. Unha solución é a de tocar o que se chama o "batemento". Pra tocar un batemento, "bátese" moi brevemente sobre os buratos que se atopan debaixo da nota que temos que repetir. É dicir que interrumpemos unha nota alta cunha nota máis grave. O movemento é tan rápido que non percibimos esta breve interrupción como "verdadeira" nota, pero escoitamos a interrupción e a repetición da nota alta.
Temos por exemplo todolos dedos - agás o meimiño - nos buratos, podemos bater co meimiño moi rápidamente sobre o derradeiro burato para tocar unha nota entre a nota que escoitabamos antes. (Repetimos a nota "RE" mentras tocamos un "DO" moi breve co meimiño que bate sobre o burato inferior.) Antes de comezar coa melodía, aprendemos os tres batementos que precisamos na peza :
Batemento de LA Os dedos 1, 2, 3 están nos buratos. Para repetir esta nota, batemos co dedo 4 brevemente sobre o burato aberto (= batemento de LA). Despois de chegar ao burato, o dedo salta deseguido atrás. Este movemento é tan rápido que non percibimos esta nota intercalada como nota completa.
Vídeo: F14.5-Batemento LA
Como na peza tocamos esta nota tres veces deseguido, hai que tocar dous batementos seguidos. Por iso o dedo bate dúas veces sobre o burato. Vídeo: F15.5-Batemento LA x 2
Batemento de RE Os dedos 1 ata 7 están nos buratos. Para repetir esta nota, batemos co dedo 8 brevemente sobre o burato aberto (= batemento de RE). Despois de chegar ao burato, o dedo salta deseguido do lugar.
Vídeo: F14.1-Batemento RE
Batemento de MI Os dedos 1 ata 6 están nos buratos. Para repetir esta nota, batemos cos dedos 7 e 8 por riba dos buratos abertos. (= Batemento de MI) Ámbolos dous dedos teñen que chegar ao mesmo tempo ós buratos e saltar atrás inmediatamente despois.
Vídeo: F14.2-Batemento MI
Ao comezo pode ser unha sensación nova tocar batementos e se cadra os dedos aínda se moven dun xeito pouco flexible e non coa velocidade esperada. Máis co tempo todo va mellorar. É moi importante de ter paciencia e dar tempo pra coller sucesivamente máis velocidade.
Melodía "Danza de palillos de Anceu" con batementos
Comezamos agora coa melodía da "Danza de palillos de Anceu". Tamén para esta peza utilizamos un metrónomo que axuda tocar a pulso.
Vídeo: F16.1-Danza Anceu Melodía
Algúns exercicios especialmente concibidos para os batementos nesta peza deberían axudar a mellorar a
destreza.
Vídeo: F17.1-Danza Anceu exercicio batementos Vídeo: F16.2-Danza Anceu Tamboril
|
A TERCEIRA PEZA
Mazurca de Espiñarcao
A terceira peza que aprenderemos é unha mazurca, a "Mazurca de Espiñarcao".
Esta peza ten un ritmo de 3/4 e contén tamén dúas partes: A primeira parte corresponde case coa segunda, a diferenza é que tocamos na segunda parte subimos e tocamos dúas notas máis altas que na primeira. Cada parte tócase dúas veces.
Nesta peza profundamos o que aprendiamos previamente - separar notas con batementos. Precisamos batementos de MI e LA, que xa coñecemos ademáis dun batemento novo, o batemento de FA.
Batemento de FA Os dedos 1 ata 5 están nos buratos. Para repetir esta nota, batemos cos dedos 6 e 7 por ribo do burato aberto. (= Batemento de FA) Ámbolos dous dedos teñen que chegar ao mesmo tempo aos buratos e saltar atrás inmediatamente despois. Vídeo: F15.3-Batemento Fa
Melodía "Mazurca de Espiñarcao" con batementos
Aprendemos agora a melodía da "Mazurca de Espiñarcao", coma sempre con metrónomo. Vídeo: F20.1-Mazurca Espiñarcao Melodía
En lugar de tocar co metrónomo intentamos co tamboril: Vidéo: F20.2-Mazurca de Espiñarcao Tamboril
Para practicar e mellorar os batementos nesta peza tocamos os exercicios seguintes. Seguro que a peza sairá
aínda máis fluída despois de repetilos moitas veces. Vídeo: F21.1-Mazurca Espiñarcao exercicio batementos
|
Estes exercicios así como as pezas e todolo que xa aprendemos previamente vai ser moi proveitoso para dar o seguinte paso.
Seguimos co "Curso de Gaita II"!
|