Primeiros pasos ... coa frauta !


Por fin chegou a frauta con dixitación de gaita mentres agardamos pola entrega da gaita que leva probablemente un pouco máis de tempo. Pero agora, que hai que facer exactamente coa frauta? Aquí atópanse explicacions dos primeiros pasos. Descubrimos o instrumento, aprendemos a dixitación e comezamos cos primeiros exercicios. 

DIXITACIÓN DE FRAUTA (= dixitación de gaita)

 

En Galicia a aprendizaxe da gaita comeza coa frauta ! Os principiantes tocan moitos meses - ata un ano ! - coa frauta, pra aprender a dixitación, para afacer os dedos aos movementos e para darlles máis flexibilidade e velocidade. Ao mesmo tempo aprenden a soprar continuamente e a tocar as primeiras melodías. Para aprender a tocar correctamente e de xeito uniforme é moi importante comezar coa frauta, sen ter que concentrarse na técnica da gaita. En xeral recoméndase utilizar a frauta para aprender novas pezas e técnicas, mesmo cando xa temos un nivel avanzado.

 

Como explicouse no capítulo "A Gaita - Selección + Compra", precísase unha "frauta con dixitación de gaita". Trátase dunha frauta doce adaptada á dixitación da gaita mediante buratos máis amplos e adicionais. Moitas veces emprégase unha frauta corrente en DO que nembargantes soa en RE debido á súa adaptación á dixitación de gaita e ós seus buratos máis grandes. Recoméndase escoller unha frauta con apoio de polgar, dado que así fica máis estable na man.


Para comezar poñemos os dedos coa primeira falanxe sobre os buratos da frauta. A man esquerda está enriba. O polgar esquerdo pecha o burato ao dorso da frauta. Na parte de diante, o índice esquerdo pecha o burato de enriba, o maior o segundo burato e o anular o terceiro burato. Para o meimiño esquerdo non hai burato, fica relaxadamente ao carón do anular.

 

A man dereita está abaixo. O pulgar dereito está ao dorso da frauta, debaixo do apoio de polgar. Na dianteira da frauta, o índice dereito pecha o cuarto burato dende enriba, o maior o quinto burato, o anular o sexto e o meimiño o derradeiro.


Para facilitar a orientación, damos números aos dedos :

 

Man esquerda

Polgar = 1

Índice = 2

Maior = 3

Anular = 4

Meimiño  = A (sen número, o dedo non toca activamente)

 

Man dereita

Polgar = B (sen número, o dedo non toca activamente)

Índice = 5

Maior = 6

Anular = 7

Meimiño = 8

 

Vídeo: F01-Posición dos dedos

 

 

 

 

 

 

Frauta con dixitación de gaita
Frauta con dixitación de gaita
Frauta con dixitación de gaita
Frauta con apoio de polgar
 Números dos dedos - Dixitación de frauta / gaita
Números dos dedos
Gaita Galega - Dixitación - Posición dos dedos
Dixitación - Posición dos dedos
Gaita galega - Polgar debaixo do apoio
Polgar debaixo do apoio
Gaita galega - Dixitación
Dixitación

Gaita galega - Posición dedos nota Do
Do
Gaita galega - Posición dedos nota Re
Re
Gaita galega - Posición dedos nota Mi
Mi

Gaita galega - Posición dedos nota Fa
Fa
Gaita galega - Posición dedos nota Sol
Sol
Gaita galega - Posición dedos nota La
La

Gaita galega - Posición dedos nota Si
Si
Gaita galega - Posición dedos nota Do alto
Do alto
Gaita galega - Posición dedos nota Re alto
Re alto

SOPRAR, TOCAR ESCALAS, DEDO DE APOIO

 

Para preparar a maneira de soprar na gaita, sopramos de xeito continuo. E dicir que primeiro inspiramos e despois sopramos uniformemente e lentamente na frauta ata xa non ter aire.

 

Para tocar con regularidade dende o principio, é importante utilizar un metrónomo. Se trata dun dispositivo que marca con golpes un compás regular. Pódese marcar un ou utilizar un metrónomo online como por exemplo www.metronomeonline.com. No noso primeiro exercicio, un golpe de metrónomo corresponde a unha nota. Comezamos o exercicio con pouca velocidade e aceleramos pouco a pouco.


Comezamos a tocar primeiro as notas graves: tódolos dedos están postos na frauta, como xa indicouse previamente. Inspiramos e sopramos uniformemente e sen parar mentres erguemos un dedo despois doutro : o meimiño, o anular, o maior e o índice da man dereita.

 

Vídeo: F02-Escala abaixo subindo

Vídeo: F03-Escala abaixo baixando

 

Facemos o mesmo exercicio coa man esquerda e erguemos o anular, o maior, o índice, o polgar. Cando erguemos o índice e o polgar da man esquerda para tocar as notas altas, a frauta xa non queda estable na man e coa gaita pasará o mesmo. Por iso é preciso utilizar un dedo de apoio cando tocamos estas notas altas. Utilizamos o anular da man dereita para apoiar. (Pódese tamén utilizar o meimiño, pero con pezas máis dificiles será máis doado apoiar co anular). Subimos entón a escala e cando erguemos o medio, poñemos o dedo de apoio sobre o penúltimo burato da frauta. O burato está enteiramente pechado. O dedo de apoio queda alí pra tódalas notas altas. Ao baixar a escala, retiramos o dedo de apoio cando poñemos o maior esquerdo sobre o burato. Agora tocamos tódalas notas coa man esquerda dende abaixo ata enriba, é decir subindo a escala.

 

Vídeo: F04-Escala enriba subindo

Vídeo: F05-Escala enriba baixando

 

Tocamos todala escala coas duas mans, subindo dende abaixo.

 

Vídeo: F06-Escala subindo

Vídeo: F07-Escala baixando

 

Cando este exercicio sae ben, tocamos nas duas direccions, subindo e baixando.

 

Vídeo: F08-Escala subindo/baixando


Dependendo dos coñecementos previos pode levar algún tempiño para familiarizarse coas posicións dos dedos e para logar tocar a escala. É moi importante tocar uniformemente e vixiar para que os dedos estean soltos e relaxados. O mellor precedemento sería tocar cada día un pouco. De viaxe, tamén pódense facer exercicios "silenciosos", utilizando por exemplo un lápis no lugar da frauta.

 

Quen queira saber máis sobre notas e teoría musical pode atopar ampla información en internet. Dado que este curso I tamén debe de ser accesible pra aquelas e aquelos que non poden ou non queren aprender a teoría musica, só tratamos estes temas de xeito tanxencial.

 

Gaita galega - Dedo de apoio notas altas (nota SI)
Dedo de apoio notas altas (nota SI)
Gaita galega - Dedo de apoio notas altas (Nota Do)
Dedo de apoio notas altas (Nota Do)

EXERCICIOS DE DEDOS

 

Para cambiar un pouco e para dar aos nosos dedos ainda máis axilidade, facemos agora algúns exercicios. É importante facer os exercios a modiño ata que logremos tocar cos dedos relaxados de xeito uniforme.

 

Exercicio 1

No primeiro exercicio comezamos coa nota máis grave, subindo cada vez de tres notas. Despois volvemos á segunda nota máis grave e subimos tres notas, volvemos á terceira nota máis grave e subimos tres notas, etc.

 

Vídeo: F09-Exercicio dedos tres notas subindo

 

Exercicio 2

No segundo exercicio tocamos segundo o mesmo modelo, baixando de enriba cara abaixo.

 

Vídeo: F10-Exercicio dedos tres notas baixando

 

Exercicio 3

No terceiro exercicio comezamos coa nota máis grave, subindo cada vez dúas notas pra baixar entón a escala. No cuarto exercicio baixamos de enriba de dúas notas antes de subir outra vez a escala.

 

Vídeo: F11-Exercicio dedos dúas notas subindo+escala baixando

 

Exercicio 4

No cuarto exercicio baixamos de enriba cara abaixo con dúas notes antes de subir outra vez a escala.

 

Vídeo: F12-Exercicio dedos dúas notas baixando+escala subindo

 

Cando os nosos dedos xa están entrenados e cando as escalas e exercicios xa saen ben, podemos comezar coa primeira peciña, que presentamos no seguinte capítulo "Curso de gaita I - Preparación pezas".