Inicio coa gaita


Nos capítulos anteriores vimos como funciona o tempero e a afinación do ronco. Xa temos algunha experiencia e intentamos agora a poñer en práctica coa gaita o que xa aprendemos coa frauta. Ao principio é difícil coordinar a nova técnica de soprar cos movementos dos dedos. Por iso é importante ter paciencia, tocar moito e ficar relaxado!

TOCAR ESCALAS (NOTAS GRAVES)

 

Colocamos a gaita, enchemos o fol e comezamos apretar co brazo para facer unha presión constante. Afinamos o ronco como o aprendemos no capítulo anterior "Curso de gaita II - Preparación (gaita)" ou pechámolo se queremos comezar sen el. É importante quedar relaxado e encher o fol soprando suavemente mentres o brazo esquerdo aperta sen moita forza.


Os dedos relaxados están colocados no punteiro, os buratos están completamente pechados. Para tocar con regularidade seguimos utilizando un metrónomo. No noso primeiro exercicio, un golpe de metrónomo corresponde a unha nota. Comezamos o exercicio con pouca velocidade e aceleramos pouco a pouco. É importante adicar bastante tempo a cada nivel de velocidade e tocar a velocidade seguinte unicamente cando xa dominamos ben a anterior!

 

Comezamos coas notas graves e erguemos o meimiño, o anular, o maior e o índice da man dereita. Despois pechamos tódolos buratos e tocamos outra vez as notas graves subindo a escala.

 

Vídeo: G02-Escala abaixo subindo

 

Logo tocamos as notas graves baixando a escala. Sacamos os dedos da man dereita do punteiro e poñemos un despois doutro sobre o punteiro comezando polo índice.

 

Vídeo: G03-Escala abaixo baixando

 

Os dedos e o brazo quedan relaxados durante este exercicio? Os ombreiros e a nuca tamén? Se non é así, é útil facer algúns exercicios de estiramento e relaxación e pensar en relaxarnos mentres tocamos.

 

E o fol e o ronco? O ronco soaba sen parar e de xeito constante? O tempero foi tamén constante durante o exercicio?

 

Nos levará un certo tempo ata conquerir facer un tempero relativamente constante. Moitas veces pasas semanas e meses sen avanzar moito, nembargantes co tempo logramos mellorar e nótanse os progresos! Un pequeno vídeo de cando en vez axuda a documentar as mellorías!

 

Gaita galega - Dedo de apoio notas altas (nota Si)
Dedo de apoio notas altas (nota Si)
Gaita galega - Dedo de apoio notas altas (nota DO)
Dedo de apoio notas altas (nota DO)

TOCAR ESCALAS (NOTAS ALTAS), DEDO DE APOIO

 

Cando o exercicio coas notas graves sae ben, facémolo mesmo coas notas altas. Na gaita é máis doado ter un tempero estable cando tocamos notas graves. As notas altas representan unha dificultade maior e por iso hai que prestar moita atención a un bo tempero.


Comezamos cos dedos da man esquerda que están todos postos sobre os buratos. Levantamos o anular, o maior, o índice e o polgar. Cando erguemos o índice e o polgar da man esquerda para tocar notas altas, o punteiro perde estabilidade o que xa vimos no caso da frauta. Por iso apoiamos o anular da man dereita para estas dúas notas. Subimos entón a escala e cando erguemos o medio, poñemos o dedo de apoio sobre o penúltimo burato da frauta. O burato está enteiramente pechado. O dedo de apoio queda alí mentres tocamos as notas altas. Ao baixar a escala, retiramos o dedo de apoio cando poñemos o maior esquerdo sobre o burato.


Agora tocamos varias veces tódalas notas coa man esquerda dende abaixo ata enriba, é dicir subindo a escala.

 

Vídeo: G04-Escala enriba subindo

 

Pois tocamos estas notas altas baixando a escala. Sacamos tódolos dedos (agás o dedo de apoio!) do punteiro e poñemos un despois doutro sobre os buratos - polgar, índice, maior, anular.

 

Vídeo: G05-Escala enriba baixando

 

Despois tocamos dala escala coas dúas mans. Primeiro subindo dende abaixo e no seguinte exercicio ao revés, baixando dende enriba.

 

Vídeo: G06-Escala subindo

Vídeo: G07-Escala baixando

 

Cando estes exercicios saen ben, tocamos a escala nas dúas direccións, subindo e baixando de seguido.


Vídeo: G08-Escala subindo/baixando

 


EXERCICIOS DE DEDOS

 

Para dar aos nosos dedos máis axilidade, facemos agora algúns exercicios. É importante facer os exercicios a modiño ata que logremos tocar cos dedos relaxados de xeito uniforme. Ao mesmo tempo hai que vixiar se o tempero é constante e se o ronco soa de xeito homoxéneo.

 

Tocamos coa gaita os exercicios que xa coñecemos da frauta. No primeiro exercicio comezamos coa nota máis grave, subindo de cada vez tres notas. Despois volvemos á segunda nota máis grave e subimos tres notas, volvemos á terceira nota máis grave e subimos tres notas, etc. No segundo exercicio tocamos segundo o mesmo modelo, baixando dende enriba cara abaixo.

 

Vídeo: F09-Exercicio dedos tres notas subindo - en preparación

Vídeo: F10-Exercicio dedos tres notas baixando - en preparación

 

No terceiro exercicio comezamos coa nota máis grave, subindo de cada vez dúas notas para baixar entón a escala. No cuarto exercicio baixamos dende enriba de cada vez dúas notas antes de subir outra vez a escala.

 

Vídeo: F11-Exercicio dedos dúas notas subindo+escala baixando - en preparación
V
ídeo: F12-Exercicio dedos dúas notas baixando+escala subindo - en preparación
 

Cando os nosos dedos xa están adiestrados e cando as escalas e exercicios xa saen ben, podemos comezar coas primeiras pezas que xa preparamos coa frauta no capítulo "Curso de gaita I - Preparación pezas".

 

Seguimos co "Curso de gaita II - Primeiras pezas".

 

Vídeos

 

(en preparación)