Posición e dixitación


No capítulo anterior descubrimos detalles do instrumento. Mais, como hai que coller a gaita? Como pousala? Como é a postura cando tocamos? Este capítulo da informacións sobre estes puntos.

COLLER E POUSAR A GAITA

 

Normalmente a gaita cóllese polo ronco (fotos 1, 2, 3) e colócase no ombreiro esquerdo (foto 4). É preciso ter coidado ao collela para non bater o punteiro contra ningún obstáculo. (Tamén pódese coller cunha man o ronco e ca outra o punteiro e o fol).

 

De ningún xeito a gaita collera polo punteiro! O punteiro e fráxil e ten unha gorxa sensible que se pode estragar.

 

Cando o ronco está no ombreiro esquerdo, a man esquerda colle o punteiro (foto 5). O fol está colgado de xeito estable debaixo do brazo e un comeza soprar no soprete para encher o fol con aire (foto 6).

 

Debaixo da ronqueta, a man dereita achégase ao fol (foto 7). Deste xeito a ronqueta xa está na posición correcta - sobre o antebrazo dereito. O fol colócase coa man dereita debaixo do brazo esquerdo ata atopar unha posición cómoda (foto 8). O fol debería atoparse entre as costelas e o brazo esquerdo, "debaixo da axila". Finalmente se coloca a man dereita sobre o punteiro (foto 9).

 

Por suposto o xeito de coller e pousar a gaita varia segundo as persoas. Os pasos explicados deben de servir de referencia ata que cadaquén atope o seu proprio xeito.

 

Vídeo: G00-Pousar gaita

 

Vídeo

 

G00-Pousar gaita

 

 

Gaita galega con ronco et ronqueta
Gaita con ronco et ronqueta (1)
Gaita galega - Coller a gaita galega polo ronco
Coller a gaita polo ronco (2)
Gaita galega - Subir  a gaita
Subir a gaita (3)


Gaita galega - Colocar o ronco no ombreiro
Colocar o ronco no ombreiro (4)
Gaita galega - Man esquerda no punteiro
Man esquerda no punteiro (5)
Gaita galega - Encher o fol con aire
Encher o fol con aire (6)

Gaita galega - Colocar o fol debaixo do brazo
Colocar o fol debaixo do brazo (7)
Gaita galega - Elexir posición cómoda
Elexir posición cómoda (8)
Gaita galega - Man dereita no punteiro
Man dereita no punteiro (9)

A POSTURA DA GAITEIRA E DO GAITEIRO

 

Como gaiteira e gaiteiro deberíamos ter unha postura recta e dirixir a mirada adiante. Unha postura recta facilita respirar e soprar e ademais da un aspeto máis presente e agradábel. Os ombreiros e a nuca están relaxados.

 

O brazo dereito está axustado e preto do busto. Se a gaita ten unha ronqueta e un chillón, estos colócanse sobre o antebrazo. A man dereita pousa relaxadamente no punteiro.

 

O brazo esquerdo está tamén axustado. Debaixo da axila atópase o fol. A man esquerda está colocada con dedos relaxados no punteiro. Este derradeiro ten unha posición case vertical ao chan e máis ou menos paralelo diante do corpo.

 

O soprete atópase no centro dos beizos. Quédase alí mentres se sopra e tamén cando se descansa brievemente antes de soprar outra vez.

 

 


POSICIÓN DE DEDOS NA GAITA

 

Comecemos a poñer dedos coa primeira falanxe sobre os buratos do punteiro, como xa o aprendimos coa frauta en "Curso de gaita I - Primeiros pasos (frauta)". O punteiro atópase noutro lugar que a frauta, é dicir máis lonxe da cara e máis abaixo. Iso é unha posición nova e temos que afacernos a ela. Pode ser útil poñerse diante dun espello para ver os dedos. É importante pechar tódolos buratos completamente cos dedos.

 

Lembremos: A man esquerda está enriba. O polgar esquerdo pecha o burato ao dorso da frauta. Na parte de diante, o índice esquerdo pecha o burato de enriba, o maior o segundo burato e o anular o terceiro burato. Para o meimiño esquerdo non hai burato, fica relaxadamente ao carón do anular. A man dereita está abaixo. O polgar dereito está ao dorso da frauta. (Non hai apoio de polgar que sería superfluo pois o punteiro suxétase polo fol.) Na dianteira do punteiro, o índice dereito pecha o cuarto burato dende enriba, o maior o quinto burato, o anular o sexto e o meimiño o derradeiro.

 

Como xa se explicou en "Curso de gaita I - Primeiros pasos (frauta)"cada posición de dedo ten un nome de nota correspondente aos sons dunha frauta doce en DO, aínda que soe outro son. Cando tódolos dedos están colocados no punteiro falamos dun "DO", aínda que nunha gaita de DO soa un SI e nunha gaita de SI bemol soa un LA. Este sistema emprégase para que un saiba que dedos hai que poñer nos buratos cando se fala de "DO", sen ter que pensar se un está a tocar unha gaita en DO, SI bemol ou RE.

 

Os nomes das notas chámanse de enriba a abaixo:

 

Gaita galega - Posición dos dedos / Dixitación
Posición dos dedos / Dixitación
Gaita galega - Números dos dedos
Números dos dedos

Gaita galega - Posición de dedos nota DO
DO
Gaita galega - Posición de dedos nota RE
RE
Gaita galega - Posición de dedos nota MI
MI

Gaita galega - Posición de dedos nota FA
FA
Gaita galega - Posición de dedos nota MI
MI
Gaita galega - Posición de dedos nota LA
LA

Gaita galega - Posición de dedos nota SI
SI
Gaita galega - Posición de dedos nota DO alto
DO alto
Gaita galega - Posición de dedos nota RE alto
RE alto

No seguinte capítulo "Curso de gaita II - Tempero" vemos como hai que soprar e pretar para xenerar sons.