Preparación


Cando temos por fin a nosa gaita galega, que facemos con ela e por onde comezamos? Como collela e como manexala? Como funciona a técnica de soprar e apretar? O capítulo seguinte da información sobre o instrumento e explica paso por paso a técnica de tocar. Moita ledicia e éxito cos primeiros ensaios!

COÑECER A GAITA

 

Como primeiro paso recoméndase sacar fotos de todalas partes da gaita. Despois de desmontala, iso axuda para remontala correctamente.

 

As gaitas galegas conteñen os elementos seguintes:

  • O fol
    Normalmente está feito de coiro ou de materiais sintéticos como o goretex. Frecuentemente ten unha funda de tea ou veludo con botóns ou cremalleira para poder sacala.

    Ao fol están atadas as "buxas", as partes de madeira que quedan fixas no fol e nas que se meten os outros elementos como o punteiro, o ronco, a ronqueta e o soprete.
  • O soprete
    Se sopra no soprete para encher o fol con aire. Ten unha válvula, o "zapón" que se abre cando sopramos e se pecha despois para que non saia o aire do fol.

    Aconséllase sacalo despois de tocar para que o interior do fol poida secar. Hai que ter coidado de deixar o soprete para que non se desforme a válvula. Para protexela podemos meter unha "boquilla".
  • O punteiro
    Cuidado !!! Non hai que coller o punteiro por abaixo ou nas partes finas para sacalo porque pode sufrir danos. Sempre hai que coller o punteiro por enriba onde ten a parte máis robusta. Para sacar o punteiro hai que viralo con coidado. Hai que ter precaución para non romper a palleta que se atopa na parte superior do punteiro.

    A palleta é o corazón da gaita! A palleta ten unha lingüeta dobre. O tudel une as dúas partes da lingüeta. Cando sae aire do fol e entra no punteiro, as lingüetas comezan a moverse. Cando abren e pechan a columna de aire no punteiro comeza a vibrar e o son nace. A palleta pódese sacar, mais hai que ter moito coidado para non rompela. Non debe ter fisuras ou ángulos rotos. E aconsellable sacala únicamente cando é realmente necesario. Tamén pódese soprar directamente no punteiro para tocar algunhas notas. Iso da idea de se a palleta está blanda ou dura (se está dura, hai que soprar moito máis).

    A "boquilla" protexe a palleta cando o punteiro está fora do fol. Normalmente pódese soprar directamente na boquilla para probar por exemplo como soa o punteiro.

    Unha palleta perfectamente preparada é imprescindible para gozar da gaita. Se está moi aberta ou dura hai que soprar con forza. Se está moi pechada, as notas non soan ben e chillan. As lingüetas deberían ter o mesmo bombeo. A dereita e a esquerda teñen que xuntarse perfectamente. A única apertura está enriba para que poida sair o aire.

    Cando hai que soprar moito sen que saia unha nota, a palleta está probablemente moi aberta. Podemos pechala apretando cos dedos na parte inferior xusto enriba do frenillo. Se iso non sirve podemos pechar o frenillo cun alicate milímetro a milímetro. Hai que pechar uniformemente as dúas partes.

    Se o son gargantea ou chilla, a palleta está probablemente moi pechada. Podemos apretar cos dedos simultaneamente á dereita e á esquerda da palleta para abrila. Non debe haber ningunha apertura lateral entre as lingüetas. Se iso non é suficiente podemos apretar delicadamente co alicate para abrir a palleta.

    Cando un compra unha gaita nova debería previamente informar o artesán se precisa palletas blandas ou duras e mercar varias. Cando un compra unha gaita de segunda man e a palleta da problemas pode pagar a pena mercar palletas en lugar de tentar, se cadra en van, tocar coas vellas.
  • O ronco
    Está composto de tres partes que se poden pechar e abrir para cambiar o nivel do son do ronco. Cando abrimos o ronco é máis longo e o seu son máis grave. Cando pechamos o ronco é máis curto e o son máis agudo. Iso será importante máis tarde cando afinamos o ronco para que soe ben co punteiro. Como decoración o ronco leva normalmente freques e unha borla os "farrapos".

    O ronco sácase do fol. Para facelo cóllese cunha man a "buxa" (a parte que queda fixa no fol) e a outra man xira o ronco. Hai que ter coidado para que o pallón que se atopa na parte inferior do ronco non sufra danos.

    Contrariamente á palleta, o pallón ten unha soa lingüeta. Cando o aire sae do fol e entra no ronco, créase unha depresión e a lingüeta pecha a apertura. Asi a corrente de aire interrómpese e a lingüeta reábrese. O aire entra outra vez e a apertura péchase de novo. Debido a ese proceso, a columna de aire no ronco comeza a oscilar e o son nace. Tamén pódese soprar directamente no ronco para escoitar o seu son (meter prudentemente o pallón completo na boca e pechalo cos beizos.)
    Cando un toca moito é posible que a seguinte vez que toque o ronco dea ningún son porque está demasiado húmido. Neste caso hai que sacar o ronco da gaita despois de tocar para que seque. Se debaixo da lingüeta atópase un cabelo iso non é casualidade! Asi a lingüeta ten máis distancia ao corpo do pallón e máis espazo para vibrar o que é importante para xerar o son.
  • A ronqueta
    A maioría das gaitas teñen unha ronqueta. Contén dúas partes que se abren e se pechan para afinala. Como o ronco, ten un pallón. Ademais ten un dispositivo lateral ou un tapón para pechala. Normalmente leva borla de decoración.
  • O chillón
    Algunhas gaitas teñen este elemento sonoro. É unha opción que un pode elexir ou non. Contén dúas partes e funciona normalmente cun pallón ainda que os hai que levan palleta.

 

Gaita galega - Fol
Fol
Gaita galega - Buxas
Buxas
Gaita galega - Soprete
Soprete
Gaita galega - Zapón do soprete
Zapón do soprete
Gaita galega - Soprete con boquilla
Soprete con boquilla
Gaita galega - O punteiro
Punteiro
Gaita galega - Palleta do punteiro
Palleta do punteiro
Gaita galega - Punteiro con boquillo
Punteiro con boquillo
Gaita galega - Ronco
Ronco
Gaita galega - As tres partes do ronco
As tres partes do ronco
Gaita galega - Pallón do ronco
Pallón do ronco
Gaita galega - Ronqueta
Ronqueta
Gaita galega - Pallón da palleta
Pallón da palleta
Gaita galega - Chillón
Chillón

TAPÓNS PARA O OÍDO + EXERCICIOS DE RELAXACIÓN

 

É moi importante mercar tapóns para o oído antes de comezar a tocar. Hai que poñelos sempre! O son da gaita é tan forte que se escoita, aínda con tapóns.

 

Para preparar o corpo - especialmente a caluga, os ombreiros, os brazos e dedos - aos esforzos inhabituais, aconséllase facer algúns exercicios de estiramento e de axilidade antes de tocar. Despois de tocar os exercicios de relaxación axudan a relaxar os músculos. A musculación da boca e dos beizos precisará tamén un certo tempo para fortalecerse e afacerse a soprar.

 

Gaita galega - Tapóns para o oído
Tapóns para o oído

METRÓNOMO + AFINADOR

 

Como xa vimos no "Curso de gaita I" é importante tocar de xeito uniforme. Para facelo é indespensable un metrónomo. Hai varios en Internet e modelos distintos nas tendas de música.

 

 

O afinador axuda a comprobar a altura das notas e ao principio pódese utilizar para aprender o tempero porque inidica se a nota que tocamos é estable ou se varía.

 

 

 

 

 

 

Gaita galega - Metrónomo
Metrónomo
Gaita galega - Afinador
Afinador

No vindeiro capítulo aprendemos cal é a posición da gaita, a postura da gaiteira ou do gaiteiro e como é a dixitación na gaita "Curso de gaita II - Posición + Dixitación".