Primeiras pezas coa gaita


Cando a escala e os exercicios de dedos saen ben, podemos comezar a tocar as primeiras pezas coa gaita!

A PRIMEIRA PEZA

 

Pasodoble de Meira


Tradicionalmente as pezas ensinábanse en Galicia polo método de "escoitar e imitar". Por iso comezamos do mesmo xeito no capítulo "Curso de gaita I - Preparación pezas" coa primeira melodía - o Pasodoble de Meira.

 

Collamos agora a gaita e tentemos tocar a peza. O ronco está afinado? Os ombreiros e brazos están relaxados e os dedos soltos? Pois, imos comezar! Como coa frauta comezamos a modiño e tocamos co metrónomo. Estade pendentes do dedo de apoio!

 

Vídeo: G13.1-Pasodoble Meira Melodía

 

(Os vídeos cuxa numeración que comeza co "G" son con gaita, os que levan "F" son con frauta.)

 

Tocamos a peza a velocidade lenta ata que saia ben. Despois incrementamos a velocidade.

 

Mentres tocamos prestamos atención á afinación do ronco e ás notas - levan regularidade ou comezan a "variar"? Se o ronco para ou se a afinación das notas "varia", hai que relaxarse, tentar de novo e ter paciencia! É moi difícil ter un tempero constante e leverá moito tempo ata que saia realmente ben. Máis "practicar fai o mestre" e co tempo haberá melloría!

 

Quén queira variar un pouco respeto ao metrónomo pode acompañarse co tamboril. Comézase despois de tres golpes!

 

Vídeo: F13.2-Pasodoble Meira Tamboril
 

Tamboril
Tamboril

A SEGUNDA PEZA + SEPARAR NOTAS ("batemento")

 

Danza de palillos de Anceu

 

A segunda peza que aprendemos coa frauta é a "Danza de palillos de Anceu". Nesta peza tocamos por primeira vez "batementos" coa gaita para separar notas iguais.

 

Os que queiran voltar ler as explicacións sobre os "batementos" e a separación de notas iguais atoparán os detalles en "Curso de gaita I - Preparación pezas".

 

Antes de comezar coa peza, probamos un batemento despois doutro coa gaita. Durante o "batemento", os dedos non pechan totalmente os buratos do punteiro!

 

 

Batemento de LA 

Os dedos 1, 2, 3 están nos buratos. Para repetir esta nota, batemos co dedo 4 brevemente sobre o burato aberto. Despois de chegar ao burato, o dedo 4 salta deseguido atrás.

 

Vídeo: G14.5-Batemento LA

 

Como na Danza de Anceu tocamos unha mesma nota tres veces seguidas, intentamos facer dous batementos seguidos.

 

Vídeo: G15.5-Batemento LA x 2

 

A presión no fol ficou estable durante os batementos? O son do ronco foi tamén estable? E os dedos - ficaron relaxados? Senón, relaxar os dedos, descansar un pouquiño e comezar outra vez.

 

 

Batemento de RE

Os dedos 1 ata 7 están nos buratos. Para repetir esta nota, batemos co dedo 8 brevemente sobre o burato aberto.

 

Vídeo: G14.1-Batemento RE

 

Batemento de MI

Os dedos 1 ata 6 están nos buratos. Para repetir esta nota, batemos cos dedos 7 e 8 por riba dos buratos abertos.

 

Vídeo: G14.2-Batemento MI

 

Ao principio os dedos precisan algún tempo para afacerse ao punteiro e aos batementos. Para relaxar os dedos e seguir o entrenamento é útil coller frecuentemente a frauta e repetir estos exercicios.

 

 

Melodía con batementos

 

Comezamos agora coa melodía da "Danza de palillos de Anceu". Ollo, que o tempero quede estable e a postura relaxada!

 

Vídeo: G16.1-Danza Anceu Melodía

 

Algúns exercicios especialmente concibidos para preparar coa gaita os batementos nesta peza.

 

Vídeo: G17.1-Danza Anceu Batementos

 

Igual que para o Pasodobre de Meira existe tamén para esta peza un acompañamento rítmico co tamboril.

 

Vídeo: F16.2-Danza Anceu Tamboril

 


A TERCEIRA PEZA

 

Mazurca de Espiñarcao

 

A terceira peza que xa aprendemos coa frauta é a "Mazurca de Espiñarcao".

 

Nesta peza utilizamos un batemento novo, o batemento de FA.

 

Batemento de FA

Os dedos 1 ata 5 están nos buratos. Para repetir esta nota, batemos cos dedos 6 e 7 por riba dos buratos abertos.

 

Vídeo: G15.3-Batemento FA

 

 

Melodía "Mazurca de Espiñarcao" con batementos

 

Tentemos agora tocar a melodía da Mazurca de Espiñarcao coa gaita.

 

Vídeo: G20.1-Mazurca Espiñarcao Melodía

 

Para mellorar os batementos e a mazurca, tocamos os exercicios seguintes especialmente concibidos para esta peza.

 

Vídeo: G21.1-Mazurca Espiñarcao Exercicios Batementos

 

O acompañamento do tamboril é una alternativa ao metrónomo e axúdanos a levar o rítmo.

 

Vídeo: F20.2-Mazurca Espiñarcao Tamboril