No capítulo anterior vimos a posición da gaita e dos dedos. Pero que hai que facer para xerar un son estable? As explicacións seguintes axudarán para aprender a técnica de soprar e facer presión co brazo, o tempero.
A TÉCNICA DO TEMPERO (sopro e presión do brazo)
Para xerar o son, hai que presionar o fol ata que saia polos tubos (ronco, ronqueta) o aire que entra no punteiro a través do soprete. Grazas a palleta do punteiro e os pallóns do ronco e da ronqueta prodúcese un son.
O aire ten que sair con regularidade do fol. Iso significa que o aire ten que sair do fol sen interrupción e cunha presión constante. Se hai interrupción na corrente do aire o punteiro e o ronco non soan. Se a presión fluctua, as notas "varian", co que varía a afinación.
Por iso é moi importante ter unha presión contante, un bo "tempero" que é a combinación de "soprar" e "apretar co brazo". Ambolos dous altérnanse e solápanse brevemente.
É importante soprar dende a barriga e non de xeito superficial.
TEMPERO CON PUNTEIRO (sen ronco)
Antes de comezar aprender a técnica de soprar, pechamos o ronco (ou co dispositivo mesmo ou cun corcho que metemos no ronco). Comezamos so co punteiro sen o ronco para non ter que soprar tanto dende o principio.
Collemos a gaita é a poñemos como explicamos antes: o ronco no ombreiro, o fol debaixo do brazo e as mans no punteiro. Todolos dedos están no punteiro, agás o meimiño. Agora enchemos o fol soprando de xeito tranquilo e largo e iso sen facer presión co brazo.
Cando o fol está case cheo, comezamos a apertar co brazo: Apertamos co brazo contra as costelas. O punteiro da o primeiro son. Sopramos outra vez mentres deixamos case de apretar e seguimos soprando. Apretamos outra vez co brazo mentres deixamos brevemente de sopar e seguimos aprentando. Sopramos outra vez e reducimos fortemente a presión do brazo. O proceso de "soprar - apretar" pódese comparar cun movemento pendular. As dúas accións deberían alternar de xeito flúido e brevemente solápanse.
O afinador axuda para comprobar se o son é estable. Cando a agulla se move moito, iso significa que o son varia. O obxectivo é ter un son constante é uniforme. O ideal é que a agulla non se mova.
Para atopar un bo rítmo desta técnica de soprar precísase moito entrenamento, paciencia e tempo! Ao principio é mellor non ensaiar moito tempo seguido porque os músculos e o corpo
teñen que acostumarse a este esforzo
inhabitual. É moito máis
práctico ensaiar pouco tempo moitas
veces. É moi aconsellable facer exercicios de estiramento de dedos, mans, brazos ombreiros e
nuca despois de tocar.
Cando o tempero cunha nota funciona ben, sacamos o derradeiro dedo do burato e tocamos unha nota superior. Intentamos manter esa nota. Cando iso funciona ben, tocamos a nota
superior. Ainda que custe esforzos debemos intentar manter cada nota algún tempiño para escoitar se varia ou se está estable e uniforme.
|
TEMPERO CON RONCO (sen punteiro)
Para variar un pouco e para utilizar tamén o ronco facemos o exercicio agora ao revés: Sacamos o punteiro, pechamos o burato cun corcho e intentamos facer o tempero co ronco. O noso objextivo é que o ronco soe uniformemente.
Tamén neste exercicio é util tocar co afinador para ver se o son é estable. As veces hai que ensaiar bastante ata que o ronco soe sen parar é sen variar. Qué ledicia cando por fin logramos xerar un son bonito!
|
TEMPERO CON PUNTEIRO + RONCO
Despois de algunhas semans xa deberíamos lograr ter un bo tempero co punteiro ou co ronco. Agora o intentamos cos dous, co punteiro e co ronco. Para iso temos que soprar máis porque agora son dous elementos sonoros. Agora temos a ledicia de tocar a gaita completa.
O afinador lamentablemente xa non sirve porque chégallo o son do punteiro e o do ronco ao mesmo tempo e a agulla móvese ainda temperemos ben. Agora o noso oído xa ten experiencia e permite correxirnos cando os sons varian.
Probablemente o son do punteiro e o son do ronco non soan perfectamente xuntos, a pesar dun tempero estable. A razón é que ainda non afinamos o ronco co punteiro!
Temos que saber que antes de tocar sempre é preciso afinar o ronco co punteiro. No capítulo seguinte imos ver como se afina "Curso de gaita II - Afinar o ronco".
|