BENVIDAS e BENVIDOS a "GAITA GENIAL"


A gaita galega - un instrumento xenial dun país marabilloso! Unha música alegre e dinámica que da ledicia e encanto á xente dentro e fora de Galicia. Xente maior e nova escoitan cando soa a música galega, dan palmas ao escoitar as pezas ou móvense o ritmo da música. No mundo enteiro hai persoas que tocan este instrumento tan especial e que comparten a súa ledicia e paixón cos demais. A música dun pequeno país lévase polo mundo enteiro, relacionando e unindo os paises.

 

A gaita - unha ponte musical universal. Xenial, non é !?

 

Estas paxinas son para todas e todos aqueles interesados pola gaita, a música galega e Galicia. Intenta ser unha axuda sobre todo para os que queren tocar a gaita e darlles apoio nos seus primeiros pasos.

 

Se tratan temas e preguntas que surden no marco de distantas ocasións como actuacións, encontros de músicos, eventos folk, obradoiros ou clases por parte das gaiteiras e gaiteiros e do público.

As informacións, consellos e titorías foron recollidos por músicas e músicos aficionados de distintos países que teñen como obxectivo común transmitir as súas experiencias e compartir a súa paixón pola gaita e a música galega cos demais.

Todas e todos os que contribuíron a esta páxina e que participan nela, desexan que as lectoras e os lectores atopen moita información interesante e lles desexan sobre todo: MOITA LEDICIA COA MÚSICA E COA XENIAL GAITA !!!

 


CONTIDO