Tan variada e multifacética como a música galega son tamén os interpretes de Galicia. A paisaxe musical conta
con moitos e moi distintos artistas solistas, grupos e bandas. Preséntanse no marco de festas, concertos e ocasións diversas cunha multitude de estilos: tradicional galego, grupo folk, con
influencias irlandesas, elementos de blues ou jazz, con música moderna influída polo pop ou clasicismo ou con composicións
propias.
Xunto coa gaita empréganse tamén outros instrumentos típicos da música galega como birimbaos,
cunchas, pandeiretas, tamborís, bombos, charrascos e percusión diversa. Moitas veces tócanse ademáis zanfonas, violíns, guitarras, frautas, harpas, clarinetes, pífanos, requintas, ..... En
Galicia hai tamén celebres coros tradicionais cunha larga traxectoria e excelentes cantantes solistas.
Música galega sen parar online na radio galega. Reportaxes sobre músicos, coros, grupos de baile e máis no arquivo da televisión galega. Enlaces a artistas solistas e grupos. Consellos para buscar eventos.
|
Festas, encontros de músicos e eventos locais en Galicia. Festivais e eventos grandes en Galicia e outros países.
|