FESTAS


En Galicia os músicos quedan en moitas ocasións para facer música xuntos. Na multitude das festas galegas que se organizan nas cidades e nas aldeas, sobre todo nas temporadas con temperaturas agradábeis, tocan grupos de gaita.

 

Hai encontros e festas especialmente adicados á música tradicional que levan nomes como "Foliadas", "Alboradas", "Seráns", "Ruadas", "Cantos de taberna". Case todos teñen un fondo histórico ou cultural. Moitas veces a súa orixe atópase nas festas que se organizaban espontaneamente. Despois da cosecha, da moenda da fariña, da malla, da vendima, despois das tarefas labregas en xeral, no remate facían a festa todos xuntos. Canto, baile e música formaban parte destas festas.

 

As "Alboradas" anuncian cedo pola mañá o comezo dunha festa, normalmente das festas patronais. Gaiteiros e percusionistas caminaban tocando a través da aldea para anunciar, recolectar cartos para a festa e crear un ambiente festivo.

 

Os "Seráns",  tamén chamadas "Ruadas", eran orixinariamente encontros de veciños pola tarde. Quedaban para facer música, cantar, bailar e pasar tempo xuntos.

 

Un vídeo nos leva a unha pequena viaxe a alguns destos eventos.

Tamén hai numerosos festivais e eventos dentro e fora de Galicia onde os grupos e solistas galegos preséntanse con concertos, desfiles ou competicións.

 

Dentro de Galicia:

 

Festival de Ortigueira

(Vrán, Norte de Galicia)

 

Festas do Apóstolo

(Xullo, Santiago)

 

Festival Intercéltico do Morrazo

(Vrán, Sur de Galicia)

 

Festival de Pardiñas

(Vrán, Norte de Galicia)

 

Fora de Galicia:

 

Festival Interceltique de Lorient

(Agosto, Bretagne/Francia)

 

Celtic Connections

(Inverno, Glasgow/UK)

 

Piping Live

(Vrán, Glasgow /UK)

 

Festival Le son continu (Château d'Ars)

(Vrán, Centro de Francia)