Separar notas iguais


Con instrumentos como a frauta pódese repetir a mesma nota deixando de soprar, máis no caso das gaitas non é así porque o aire segue a chegar ao punteiro dende o fol. Por iso hai varias técnicas para separar notas iguais para que soen varias veces seguidas.

 

BATEMENTOS

 

Unha técnica relativamente fácil para separar notas iguais son os "batementos". "Batemento" ven de "bater" porque para facelo, "batemos" brevemente con un ou varios dedos sobre o punteiro sen pechar completamente os buratos. É dicir que interrompemos unha nota alta cunha nota máis grave. O movemento é tan rápido que non percibimos esta breve interrupción como "verdadeira" nota, pero escoitamos a interrupción e a repetición da nota alta. 

 

Para un batemento emprégase o dedo ou os dedos que están debaixo da nota que queremos repetir. Tódolos dedos teñen que chegar ao mesmo tempo aos buratos e saltar atrás inmediatamente despois.


Si por exemplo queremos tocar varias veces a nota RE (tódolos dedos están nos buratos agás o meimiño dereito) batemos co dedo inferiore sobre o punteiro, e dicir co meimiño.

 

Os dedos seguintes empréganse para tocar batementos:

 

Batemento de DO = ningún batemento posible, todolos dedos postos no punteiro

Batemento de RE = Dedo 8 (anular dereito)

Batemento de MI = Dedos 7 + 8 (anular e meimiño dereitos)

Batemento de FA = Dedos 6 + 7 (maior e anular dereitos)

Batemento de SOL = Dedos 5 + 6 + 7 (índice, maior e anular dereitos)

Batemento de LA = Dedo 4 (anular esquerdo)

Batemento de SI = Dedos 3 + 4 (maior e anular esquerdos)

Batemento de DO alto = Dedos 2 + 3 + 4 (índice, maior e anular esquerdos)

Batemento de RE alto = Dedos 2 + 3 + 4 (índice, maior e anular esquerdos)

 

 

Cando hai que repetir unha mesma nota máis dunha vez, hai que facer o batemento varias veces seguidas.

 

Unha sinopsis con tódolos vídeos atópase en "Teoría + Técnica - Vídeos".

 

Gaita galega - Números dos dedos
Números dos dedos